12/31/2014

Indignados coa conferencia de Decanos

Atónitos lemos na páxina do COP de Asturias o seguinte: 


Bilbao 29 y 30 de Mayo de 2014
La Conferencia de Decanos de Psicología de las Universidades Españolas en su reunión ordinaria celebrada en Bilbao acuerda:
1.- Respecto a la posibilidad de establecer un itinerario formativo Grado + MPGS + PIR la conferencia manifiesta lo siguiente:

La CDPUE considera que antes de entrar en este debate deben establecerse las condiciones necesarias para que el título de MPGS dé respuesta a las demandas reales de formación en Psicología sanitaria, posibilitando una oferta de plazas que responda a las demandas de la sociedad. Igualmente, deben regularse las condiciones generales a las que se ajustarán los Planes de estudios del Título de Grado en Psicología de acuerdo a la Ley 33/2011 de Salud Pública.

En las actuales circunstancias de reducida oferta de plazas, la CDPUE considera que no esel momento de introducir otro tipo de cambios. Cuando la oferta formativa Grado + MPGS esté consolidada será el momento de iniciar un período de reflexión y debate con participación de las universidades, colegios profesionales, asociaciones profesionales y estudiantes sobre la posibilidad de establecer un itinerario formativo u otro.


 Todas e todos sabemos que a cantidade de licenciadas e licenciados en psicoloxía que se presentan ao PIR é moi escasa (a penas 4000 para unhas 130 prazas), e ante este medo, hai que esperar e reflexionar, e mentres fomentar as vías paralelas ata que o problema esté tan enquistado que só poidan dicir... "iso tiñamos que telo cambiado antes".

Cando intentaron dende a Universidade de Santiago (a cal apoia o Grao+Máster+PIR a través dun documento segredo ao que non se lle da publicidade, non vaia ser que se saiba) nalgunhas áreas sanitarias que se admitira a formar prácticums de MPGS, un dos argumentos foi que a Conferencia de Decanos sempre apoiou o itinerario.

Estamos fartos de xogar coas cartas marcadas, que coas palabras digan unha cousa e cos actos fagan outra. Que non expoñan argumentos do que realmente pensan. Cando o "período de reflexión y debate con participación de las universidades, colegios profesionales, asociaciones profesionales y estudiantes sobre la posibilidad de establecer un itinerario formativo u otro" debería estar xa feito dende hai anos, e non facer a cobardía de esperar a que sexa demasiado tarde para rectificar.

En definitiva, podemos sinalar que a Conferencia de Decanos está a favor do Grado+PIR e do Grado+MPGS como traxectos alternativos, e que non argumentan nada para xustificalo. Se non están dacordo con esta afirmación, que o digan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario