A Atención Continuada (AC) é un
concepto que xurde na SAS/1620/2009 polo cal as persoas residentes poden
continuar a actividade asistencial, e polo tanto, a formación.
Pero coa a AC ocorre como con moitas
outras cousas: que apareza nunha lei non implica que quen teña que
aplicala se entere. E así ocorreu dende que saíu o decreto, que
administradores e xefes de servizo non entendían o significado de
OBLIGATORIO que aparecía no papel. Nunha época na que os recortes
son o pan de cada día, a ampliación semellaba un sono.
E así ocorreu. Usando a pluma con máis
forza que a espada, demostrando a competencia en infinitos proxectos
e falando coas instancias que fosen precisas, fomos escribindo algúns
dos capítulos máis interesantes das actas de AGAPIR. Negociacións
con titores, explicacións a psiquiatras oposicionistas, amenazas de
falar con xerencia, comisións de docencia para arriba e para abaixo,
fóronse logrando as vitorias unha a unha.
Pero agora podemos dicilo con orgullo.
Podíase, e conseguiuse. A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo,
Pontevedra, Ourense e... Vigo! O último reducto que quedaba iniciou
a súa AC a principios de ano e aínda a mantemos.
En definitiva, as e os Pires seguiremos
dando o mellor de nós mesmas nas nosas respectivas AC e dende AGAPIR
loitando pola calidade da nosa formación. Porque pódese.
v'es, para que digades que o país non vai ben, escépticos...; noraboa a todos e todas cantos o fixestedes, ou fixemos, isto posible (alguns comenzamos durante un ano de xeito gratuito e ainda hoxe non vimos un peso). Seguide na loita, porque non vos van dar nada.
ResponderEliminar