A
prestación de servizos no concepto de atención continuada ten natureza
formativa e obrigatoria a partir do primeiro ano de residencia, tal como
se recolle na “Orden SAS/1620/2009 del Ministerio de Sanidad y Política
Social, del 2 de junio, por la que se aprueba y publica el programa
formativo de la especialidad de Psicología Clínica”. Ditas actividades
poden ser organizadas de diferentes formas, dependendo das
posibilidades, necesidades e dispoñibilidade da Unidade Docente ,
mediante a realización das gardas ou participación en programas de
interconsulta e coidados de apoio, ou de natureza preventiva, en
unidades, programas e / ou servizos hospitalarios ou comunidade.
Actualmente
na nosa comunidade aínda existen áreas nas que a atención continuada
non se ven desempeñando. Aínda queda por implantarse nas prazas de
Pontevedra e Vigo, despois do seu inicio neste ano en Ourense
e na Coruña (a estes últimos informóuselles de que cobrarían só a partir de Outubro) tras unha dura loita por parte dos residentes. Nas restantes prazas, se
ben leva implantándose máis tempo, é necesaria unha maior organización e
desenvolvemento das súas actividades.
Noutras comunidades a imaxe é moi desigual. Desta maneira atopámonos con comunidades como Cataluña ou Valencia, onde a maioría das prazas PIR non ofertan servizos de atención continuada. Outro caso a destacar é o de Málaga: cunha reducción significativa de prazas PIR, ademais da reducción sufrida en relación a actividade de atención continuada: pasando de 8 tardes por mes á só dúas tardes, con todas as implicacións que iso acarrexa no noso nivel de formación, así como o incumplimento do programa formativo que esixe un mínimo de tres tardes ó mes. Con todo, aos poucos, a atención continuada é desenvolvida en lugares como Burgos ou Asturias, entre outros, aínda que lonxe de ser o que debe ser ofrecido tal e como dí o noso plan de formación e que é noso por dereito; así como lonxe de favorecer as necesidades asistencias demandadas pola poboación.
Xunta Directiva de AGAPIR