Que é AGAPIR?

A Asociación Galega de Psicólogos Internos Residentes (AGAPIR) é unha asociación sen ánimo de lucro integrada por residentes de psicoloxía clínica da comunidade autónoma de Galicia. AGAPIR ten unha longa traxectoria dende a súa creación no ano 1996 e a súa finalidade primordial é a defensa e promoción da especialidade de psicoloxía clínica a través do sistema PIR.

Desde a súa creación, AGAPIR organiza actividades de formación especializada e colabora con outras asociacións ou entidades para a realización de actividades de interese común. Así mesmo, a asociación promove puntos de encontro para debater sobre a situación actual da residencia en cada un dos lugares co fin de representar aos residentes da especialidade de Psicoloxía Clínica en Galicia.

A asociación tamén promove e realiza entrevistas, presentacións, congresos e xornadas que teñan que ver en particular coa saúde mental da poboación galega e a súa promoción e prevención.

Se queres inscribirte como socio de AGAPIR, tes que descargar este que descargar e cubrir este formulario e envialo ao enderezo electrónico asociaciongalegapir@gmail.com

Formulario de inscripción: