22/05/2023

Congreso ANPIR A Coruña 2023 e Asamblea Xeral


Os días 18, 19 e 20 de maio de 2023 celebrouse en A Coruña o XXII Congreso Nacional e IIIInternacional da Sociedade Española de Psicoloxía Clínica - ANPIR, do que somos organizadores e colaboradores como asociación que representa aos residentes PIR da Comunidade Autónoma de Galicia.

Durante este evento estivemos implicados en diversas actividades científicas e organizativas, dende a propia xestión do evento, ata a intervención como poñentes e moderadores en varias das mesas plantexadas nas xornadas.

En concreto, o presidente da AGAPIR, Anxo Fernández Villar, moderou a mesa de celebración do 25 aniversario da especialidade, na que participaron relatores do calibre como Begoña Olabarría, Miguel Anxo García ou Delia Guitián. No desenvolvemento da mesa expuxéronse numerosas problemáticas que están a debate na actualidade da nosa profesión, repasandoas dende a creación da especialidade. Trataronse cuestións como o importante incremento de prazas do PIR, o debate sobre o itinerario conxunto, o auxe da demanda de intervencións psicolóxicas públicas que supera a capacidade de atención, a contratación de técnicos sanitarios sen especialización como psicólogos no sistema público de saúde, a apertura do debate da saúde mental á poboación, o conflicto entre as distintas formas de profesionalización da psicoloxía, o achegamento á creación de novas especialidades, a distancia entre o académico e o asistencial... etc.


Tamén estivemos representados na mesa dos residentes coa colaboración de Nora Suárez Fuentes nela, expoñendo un traballo que describe, mediante un estudo de enquisa, a experiencia e a problemática vivida polos residentes durante a súa etapa formativa.

Aproveitando o encontro levamos a cabo, por primeira vez en moitos anos de forma presencial, a Xunta Anual da Xunta Directiva da AGAPIR, na que tamén participaron novos residentes de diferentes áreas sanitarias de Galicia. Durante esta reunión renovouse a Xunta Directiva e expúxose a folla de ruta que terá a AGAPIR durante este período 2023-2024, promovendo un maior número de seminarios e xornadas entre titores e PIR.


Tamén hai que mencionar a gran acollida que tivo este Congreso, sendo o que tivo unha maior participación na historia dos congresos nacionais organizados pola ANPIR. Estamos orgullosos de poder organizar e promover actividades como as que nela se realizaron, potenciando a especialidade de Psicoloxía Clínica e destacando a importancia da formación durante a residencia do PIR para acadar os estándares de excelencia e responsabilidade que a profesión debería ter.