14/01/2012

Presentación

Bóas,

Nace este novo espazo, o blogue de AGAPIR, con varios obxetivos.:

O primeiro é a visibilidade, da nosa asociación e do traballo que nela realizamos pola defensa dunha atención psicolóxica de calidade no sistema nacional de saúde, e en particular no SERGAS. E, sobre todo, na defensa do sistema formativo de especialista en Psicoloxía Clínica (o PIR).

O segundo obxetivo é o de crear un espazo de comunicación, onde podades reflexar todas as vosas preocupacións e inquietudes no eido que nos ocupa, e darlle vida con nós a este espazo que é de todos.

Dende a Xunta Directiva actual da Asociación Galega de Residentes (AGAPIR),queremos darvos a benvida a este novo espazo, e animarvos a que participedes de forma activa nel.

Saúdos, XD.