LEXISLACIÓN EN TORNO A FIGURA DE PSICÓLOGO CLÍNICO, A PSICOLOGÍA SANITARIA E A ÉTICA-DEONTOLOXÍA DA PROFESIÓN
1. Lexislación sobre Psicoloxía Clínica e Sanitaria
2. Competencias legáis da Psicoloxía Clínica en España
3. Responsabilidade do psicólogo clínico
4. Código deontolóxico
5. Os Dereitos Humanos no noso ordenamento
1. LEXISLACIÓN SOBRE PSICOLOGÍA CLÍNICA E SANITARIA
Con anterioridad a 1998:
- Non existe un título oficial de “Psicólogo Clínico”.
- Numerosas titulacións propias en universidades e centros privados ofrecen formación e prácticas en Psicoloxía Clínica.
- Os colexiados, con ou sen formación superior, poderán abrir centros, anunciarse e exercer como psicólogos clínicos.
Creación da EspecialidadeReal Decreto 2490/1998, do 20 de novembro, polo que se crea e regula o título oficial de Psicólogo Especialista en Psicoloxía Clínica.
Proceso de homologaciónOrden PRE/1107/2002, do 10 de maio, pola que se regulan as vías transitorias de aceso ao título de Psicólogo Especialista en Psicoloxía Clínica en desenvolvemento do disposto no Real Decreto 2490/1998, do 20 de novembro.
LOPS
Lei 44/2003, de 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias.
Bases xeráis sobre autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios
Real decreto 1277/2003, do 10 de outubro, pola que se establecen as bases xerais para a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios.
U.70 Psicología Clínica: “Unidad asistencial en la que un psicólogo especialista en Psicología clínica es responsable de realizar el diagnóstico, evaluación, tratamiento y rehabilitación de los trastornos mentales, emocionales, relacionales y del comportamiento”.
Creación e regulación do título oficial de Psicólogo Especialista en Psicoloxía Clínica, e novo prazo para solicitar dito título
Real Decreto 654/2005, do 6 de xuño, polo que modifícanse as disposicións transitorias do Real decreto 2490/1998, do 20 de novembro, polo que se crea e regula o título oficial de Psicólogo Especialista en Psicoloxía Clínica, e ábrese un novo prazo para solicitar o dito título. Ábrese un novo prazo para a homologación do título de Psicólogo Especialista en Psicoloxía Clínica para profesionais en exercicio.
Ordenación das especialidades sanitarias
Real Decreto 183/2008, do 8 de febreiro, polo que se determinan e clasifican as especialidades en Ciencias da Salúde e desenvólvense determinados aspectos do sistema de formación sanitaria especializada.
Programa Formativo da EspecialidadeOrden SAS/1620/2009, do 2 de xuño, pola que se aproba e publica o programa formativo da especialidade de Psicoloxía Clínica.
LES. Promesa do Máster e habilitación transitoriaLei 5/2011, do 29 de marzo, de Economía Social. (Disposición adicional sexta)
Creación do Psicólogo Xeral Sanitario e Exclusividade do Especialista en Clínica na PúblicaLei 33/2011, do 4 de outubro, Xeral de Salúde Pública. (Disposición adicional séptima)
Competencias do Psicólogo Xeral SanitarioOrden ECD/1070/2013, do 12 de xuño, pola que se establecen os requisitos para a verificación de títulos universitarios oficiais de Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria que habilite para o exercicio da profesión titulada e regulada de Psicólogo Xeral Sanitario.
Recurso de ANPIR ante a Audiencia Nacional
Recurso: 0000361 / 2013. Cando se regulou oficialmente o Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria mediante a Orde ECD/1070/2013, a Asociación Nacional de Psicólogos Clínicos e Residentes (ANPIR) presentou un recurso contencioso-administrativo ante a Audiencia Nacional.
Motivos do recurso:
A ANPIR recorreu a Orde ECD/1070/2013, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, que regula os requisitos dos títulos oficiais de Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria. Os principais argumentos do recurso foron:
- Solapamento de competencias: ANPIR considera que esta Orde outorga ao Psicólogo Xeral Sanitario competencias que corresponderían exclusivamente ao Psicólogo Clínico, como o diagnóstico e tratamento de trastornos mentais.
- Risco de confusión profesional: Critican que a formación do máster inclúe contidos como "trastornos do comportamento", "diagnóstico", "enfermidades mentais", o que difuminaría os límites entre as dúas profesións.
- Solicitudes concretas:
- Eliminación de referencias a enfermidades mentais, trastornos, diagnóstico, etc.
- Inclusión de cláusulas aclaratorias que exclúan os trastornos e enfermidades mentais do ámbito de actuación do Psicólogo Xeral Sanitario.
- Modificación de termos como “pacientes” por “persoas”, entre outros.
Conclusións da Sala e fundamentación xurídica:
A Audiencia Nacional desestima totalmente o recurso, baseándose en varios argumentos clave:
- As competencias profesionais non están limitadas polos programas formativos, senon polas leis que as regulan:
- A Orde impugnada non atribúe competencias profesionais, senón que establece os contidos académicos mínimos do máster.
- A adquisición de coñecementos non implica automaticamente atribución de funcións profesionais.
- Os Psicólogos Especialistas en Psicoloxía Clínica non son os únicos que están habilitados profesionalmente para realizar diagnósticos, evaluacions e tratamentos de saúde nas persoas afectadas por trastornos mentais:
- A Lei 33/2011 (Lei Xeral de Saúde Pública) recoñece o Psicólogo Xeral Sanitario como profesión sanitaria regulada.
- Os Psicólogos Xerais Sanitarios poden realizar intervencións psicolóxicas sobre aqueles aspectos do comportamento e da actividade das persoas que inflúen na promoción e mellora do estado xeral da súa saúde, sempre que ditas actividades non requiran unha atención especializada por parte doutros profesionais sanitarios (é dicir, cando non sexan casos complexos propios da Psicoloxía Clínica).
- Non hai invasión de competencias:
- A sentenza recolle xurisprudencia previa (incluíndo do Tribunal Supremo), onde se establece que as profesións sanitarias teñen competencias que poden solaparse parcialmente, dentro dun marco asistencial integral e coordinado.
- A diferenza entre ambas profesións non afecta nin á adquisición de coñecementos nin á súa formación, senón ao lugar onde uns e outros van poder desenvolver as súas competencias e coñecementos adquiridos. Unicamente existen diferenzas nos ámbitos de actuación profesional.
Alcance da sentenza:
- Confirmación da Orde Ministerial: A Orde ECD/1070/2013 é axustada a dereito, e a súa regulación do máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria mantense íntegra.
- Clarificación institucional: A sentenza afirma explicitamente a validez do máster como vía formativa para unha profesión sanitaria recoñecida, diferenciada pero complementaria á Psicoloxía Clínica.
Máis información sobre a resolución do recurso:
Resumo:
Psicoloxía Clínica
Regulación:
A psicoloxía clínica é unha especialidade sanitaria recoñecida tanto no ámbito público como no privado. A súa regulación atópase en varias normas, principalmente:
- Lei 44/2003, de Ordenación das Profesións Sanitarias (LOPS): Establece que os psicólogos que queiran exercer actividades sanitarias deben contar coa formación específica.
- Real Decreto 183/2008: Regula a formación sanitaria especializada e crea o título de Especialista en Psicoloxía Clínica.
O acceso a esta especialidade realízase mediante o sistema de PIR (Psicólogo Interno Residente), igual que o MIR para médicos.
Competencias do Psicólogo Clínico:
Diagnóstico e tratamento de trastornos mentais.
Intervención psicolóxica no sistema nacional de saúde (SNS).
Participación en programas de saúde pública, rehabilitación e prevención.
Só os psicólogos clínicos poden exercer dentro do SNS (público) e teñen competencias para realizar diagnósticos clínicos en saúde mental con plena validez neste ámbito.
Psicoloxía Xeral Sanitaria
Regulación:
A figura do Psicólogo Xeral Sanitario (PXS) regúlase por:
- Lei 33/2011, Xeral de Saúde Pública, e
- Orde ECD/1070/2013: Crea o Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria, requisito obrigatorio para exercer como psicólogo sanitario no ámbito privado.
Competencias do Psicólogo Sanitario:
Avaliación e intervención sobre aspectos do comportamento e da saúde mental que non requiran atención especializada hospitalaria.
Atención psicolóxica en centros privados de saúde, clínicas, consultas, etc.
Importante: Non pode exercer no Sistema Nacional de Saúde, aínda que si pode traballar en saúde pública en consellerías socio-sanitarias que non requiran especialidade clínica (por exemplo, programas de promoción da saúde mental dos concellos).
Diferenzas clave e comparación
|
Aspecto
|
Psicoloxía Clínica
|
Psicoloxía Sanitaria
|
|
Formación requirida
|
Formación vía PIR (Psicólogo Interno Residente), 4 anos de
residencia en centros do SNS, acceso altamente competitivo.
|
Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria (1,5 anos; 90 ECTs), imprescindible para
exercer no ámbito sanitario privado (el 85% de plazas son privadas).
|
|
Características formativas
|
Programa regulado oficialmente polo BOE con circuíto de rotacións
clínicas en diferentes unidades (centros de saúde mental, hospitais de día,
unidades de hospitalizaicón, etc.), con práctica asistencial intensiva e
supervisada.
|
Prácticas externas obrigatorias, pero dependentes dos convenios
que teña cada universidade; poden ser moi heteroxéneas e realizarse en
gabinetes privados, asociacións, ou institucións públicas colaboradoras.
|
|
Ámbito de exercicio
|
Exercicio tanto no sistema público (hospitais, centros de saúde
mental, etc.) como no privado.
|
Só ámbito privado ou concertado (centros privados con convenios co
sector público ou aseguradoras).
|
|
Diagnóstico clínico
|
Plena capacidade para realizar avaliacións, tratamentos e diagnósticos clínicos
complexos, incluíndo trastornos graves.
|
Pode realizar avaliacións e intervencións, pero con limitacións no
diagnóstico de trastornos complexos.
|
|
Acceso ao SNS
|
Acceso directo a prazas no Sistema Nacional de Saúde e outros
dispositivos públicos.
|
Sen acceso ao SNS; non pode traballar directamente en dispositivos
públicos como psicóloga sanitaria.
|
|
Nivel de especialización
|
Maior nivel de especialización en patoloxías mentais graves e
intervencións complexas.
|
Formación máis xeralista, centrada en prevención, promoción da
saúde mental e tratamento de patoloxías leves ou moderadas.
|
|
Saídas profesionais
|
Hospitales públicos e privados, unidades de saúde mental,
investigación, docencia universitaria.
|
Clínicas privadas, gabinetes de saúde, empresas, programas de
benestar, seguros de saúde.
|
|
Rol no sistema de saúde
|
Parte do equipo multidisciplinar no ámbito hospitalario e
comunitario, con responsabilidade clínica directa.
|
Profesional autónomo ou colaborador, centrado na atención
psicolóxica preventiva e terapéutica.
|
|
Salario/Formación
|
Formación remunerada durante os 4 anos do PIR (ao redor de
1.200–1.500 €/mes sen atención continuada).
|
O máster, se é privado, adoita custar entre 5.000 e 20.000 €; non
está remunerado.
|
Conclusions:
A Psicoloxía Clínica é unha especialidade sanitaria recoñecida oficialmente, con acceso ao Sistema Nacional de Saúde (SNS), unha formación longa e regulada a través do sistema PIR. Os psicólogos clínicos están autorizados para facer diagnósticos e tratamentos complexos no ámbito público e privado.
A Psicoloxía Xeral Sanitaria, en cambio, está orientada ao ámbito privado, sendo unha profesión sanitaria regulada, pero non especializada. Os psicólogos xerais sanitarios deben cursar un máster habilitante, pero non poden acceder ao SNS como clínicos nin asumir funcións clínicas especializadas.
Ambas figuras teñen espazos ben definidos, con competencias complementarias pero diferenciadas, tal e como foi confirmado xudicialmente.
2. COMPETENCIAS LEGAIS DA PSICOLOXÍA CLÍNICA EN ESPAÑA
3. RESPONSABILIDADE DO PSICÓLOGO CLÍNICO
A regulación do exercicio profesional da Psicoloxía en España no ámbito sanitario atópase sobre todo en:
1.- Lei 43/1979, do 31 de decembro, de creación do Colexio Oficial de Psicólogos.
2.- Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias.
3.- Lei 5/2011, do 29 de marzo, de Economía Social, apartado 2 da disposición adicional sexta.
4.- Lei 33/2011, do 4 de outubro, Xeral de Sanidade Pública. Disposición adicional sétima sobre a ordenación da Psicoloxía no ámbito sanitario (modificada pola disposición derradeira oitava da Lei 3/2014, do 27 de marzo, pola que se modifica o texto refundido da Lei Xeral para a defensa dos Consumidores e Usuarios e demais Leis complementarias, aprobada polo Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, BOE nº 76, do 28 de marzo de 2014.
Segundo esta normativa, a Psicoloxía configurouse en 4 categorías profesionais: o psicólogo non sanitario, e tres tipos de psicólogos sanitarios: 1) os habilitados (aqueles psicólogos que entre o 30 de abril de 2011 e o 6 de outubro de 2014 estean matriculados no Rexistro de Universidades, Centros e Titulacións adscritas á rama de coñecemento de Ciencias da Saúde, ou aqueles que a 30 de abril de 2011 estivesen traballando como psicólogo e realizando actividades sanitarias, sen título oficial de especialista, no Sistema Nacional de Saúde. ou centros concertados). 2) o psicólogo especialista (o título obtense a través do sistema de formación sanitaria especializada, PIR -psicólogo interno residente-) que se oferta desde o ano 2003, e 3) o psicólogo xeral sanitario (con máster oficial en Psicoloxía Xeral Sanitaria).
4. CÓDIGO DEONTOLÓXICO
Código deontolóxico do psicólogo do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
5. OS DEREITOS HUMANOS DENTRO DO NOSO ORDENAMENTO
Os dereitos humanos están presentes no ordenamento xurídico. Algunhas leis que teñen relación co noso ámbito de traballo nesta perspectiva son:
1.- Lei 14/1986, de 25 de abril, Xeral de Sanidade
2.- Lei 3/2001, de 28 de maio, reguladora consentimento informado e da historia clínica dos pacientes
3.- Lei 41/2002, de 14 novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica
4.- Real Decreto 1030/2006, de 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos comúns do Sistema Nacional de Saúde e o procedimiento para a súa actualización
5.- Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia
6.- Lei 12/2013, de 9 de decembro, de garantías de prestacións sanitarias
7.- Lei 5/2015, de 26 de xuño, de dereitos e garantías da dignidade das persoas enfermeas terminais
8.- Lei Orgánica 3/2021, de 24 de marzo, de regulación da eutanasia
9.- Ley Orgánica 8/2021, de 4 de junio, de protección integral a la infancia y la adolescencia frente a la violencia
10.- Instrucción 1/2022, de 19 de enero, de la Fiscalía General del Estado, sobre el uso de medio de contención mecánicos o farmacológicos en unidades psiquiátricas o de salud mental y centros residenciales y/o sociosanitarios de personas mayores y/o con discapacidad.
No hay comentarios:
Publicar un comentario