25/11/2012

Defendendo a Atención Continuada

A prestación de servizos no concepto de atención continuada ten natureza formativa e obrigatoria a partir do primeiro ano de residencia, tal como se recolle na “Orden SAS/1620/2009 del Ministerio de Sanidad y Política Social, del 2 de junio, por la que se aprueba y publica el programa formativo de la especialidad de Psicología Clínica”.  Ditas actividades poden ser organizadas de diferentes formas, dependendo das posibilidades, necesidades e dispoñibilidade da Unidade Docente , mediante a realización das gardas ou participación en programas de interconsulta e coidados de apoio, ou de natureza preventiva, en unidades, programas e / ou servizos hospitalarios ou comunidade.

Actualmente na nosa comunidade aínda existen áreas nas que a atención continuada non se ven desempeñando. Aínda queda por implantarse nas prazas de Pontevedra e Vigo, despois do seu inicio neste ano en Ourense e na Coruña (a estes últimos informóuselles de que cobrarían só a partir de Outubro) tras unha dura loita por parte dos residentes. Nas restantes prazas, se ben leva implantándose máis tempo, é necesaria unha maior organización e desenvolvemento das súas actividades.

Noutras comunidades a imaxe é moi desigual. Desta maneira atopámonos con comunidades como Cataluña ou Valencia, onde a maioría das prazas PIR non ofertan servizos de atención continuada. Outro caso a destacar é o de Málaga: cunha reducción significativa de prazas PIR, ademais da reducción sufrida en relación a actividade de atención continuada: pasando de 8 tardes por mes á só dúas tardes, con todas as implicacións que iso acarrexa no noso nivel de formación, así como o incumplimento do programa formativo que esixe un mínimo de tres tardes ó mes. Con todo, aos poucos, a atención continuada é desenvolvida en lugares como Burgos ou Asturias, entre outros, aínda que lonxe de ser o que debe ser ofrecido tal e como dí o noso plan de formación e que é noso por dereito; así como lonxe de favorecer as necesidades asistencias demandadas pola poboación.

Xunta Directiva de AGAPIR


1 comentario:

  1. Sabela Bermúdez16 enero, 2013 20:37

    Na área sanitaria de A Coruña, os residentes de Psicoloxía Clínica, comezamos a realizar a asistencia en concepto de Atención Continuada en Xaneiro do 2012. A día de hoxe fíxose efectiva a remuneración de dita actividade, pero a partir do mes de Outubro dese mesmo ano, non cobrando a actividade anterior. Para chegar ata aquí, foron necesarias moitas cartas e moito traballo!!(incluimos aquí os residentes que xa remataron o ano pasado) Esperemos que nas demais áreas comécese a levar a cabo, e consigamos así que se cumpra o programa formativo e contrato laboral PIR

    ResponderEliminar