8/17/2013

Novo curso de experto de Agarimo


Como podedes ver no apartado de cursos (aquí) xa saliu o novo curso de experto de Agarimo.

Este curso, ao igual que o ano pasado, terá desconto para as persoas socias de AGAPIR.

O ano pasado, á primeira edición deste curso, asistiron diversas persoas socias de AGAPIR e relatan a súa experiencia en termos moi positivos. Por iso, dende AGAPIR iremos presionando a esas persoas asistentes ao curso o ano para que poñan a súa experiencia nos comentarios a esta entrada e así facernos merecedores do desconto que Agarimo nos ofrece.

1 comentario:

  1. Eu asistín á primeira edición.
    O que me fixo decidirme a ir foi que coñecía as persoas poñentes doutros ámbitos, e debo dicir que non defraudaron, gustoume ver como estas persoas falaban das cousas que lles gustaba falar e das que querían falar e ver que controlaban do tema.
    Sempre traían casos prácticos e se notaba que curraban no que explicaban, e que tiñan moita experiencia, que non só era unha exposición teórica, aínda que todo o que dicían estaba sustentado pola literatura.
    Debo dicir que a única queixa que teño deste curso, é que a universidade non sexa así.

    ResponderEliminar