O día 9 de febreiro de 2024 celebrouse a segunda xuntanza de titores e psicólogos internos residentes das distintas áreas da Comunidade Autónoma de Galicia. Igual que o ano pasado, a organización do evento veu da man da Asociación Galega de Psicólogos Internos Residentes (AGAPIR) e do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COP-G), coa colaboración da Asociación de Psicólogos Clínicos do Sergas (APCS); e tivo lugar no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.
Non se pode negar que o ano pasado, aínda que a experiencia foi boa, houbo momentos de impacto que xurdiron de coñecer o funcionamento de áreas distintas á propia; non obstante, esta vez observouse interese xeral en coñecer o funcionamento doutras áreas e garantir a mellor formación posible para os residentes.
Anxo Fernández, presidente de AGAPIR, abordou directamente o tema das diferenzas de formación nas distintas prazas PIR de Galicia e o valor que ten a psicoloxía clínica como profesión sanitaria de demanda pública. Non é xusto que criterios de formación e de traballo dispares entre áreas sanitarias supoña diferenzas na calidade da residencia. E responsabilidade nosa o xestionar as competencias e os recursos dos que dispoñemos para dar una atención psicolóxica de calidade e de excelencia.
Nesta xornada se propuxo unha dinámica grupal de mesas de traballo, na que se puidera falar de temas de especial interese en grupos pequenos para que todas as áreas sanitarias tiveran representación e turno de palabra. Despois das dinámicas grupais, fíxose unha posta en común mediante un representante de cada mesa para que todos os asistentes puideran escoitar e falar dos puntos de interese tratados en cada mesa.
Puxéronse enriba da mesa asuntos relacionados coa atención continuada e as gardas, a investigación e a docencia, a supervisión e a acollida emocional na residencia, as titorías, o papel da psicoloxía clínica nos hospitais, e as rotacións xeráis e específicas.
En canto a atención continuada e as gardas hai moita variabilidade nos programas que plantea cada área sanitaria, sendo o Protocolo Unificado de Barlow e a Neuropsicoloxía os programas máis presentes de manera transversal en Galicia. Por outra banda, so os residentes de Santiago de Compostela están a facer una garda o mes de urxencias de Psiquiatría, cuestión que plantean como beneficiosa pola formación pero considerando varios problemas na súa implementación.
A día de hoxe, non hai liñas de investigación abertas e en activo en ningunha área. Neste caso, os residentes percibimos pouca implicación por parte de los adxuntos, pero nós tamén debemos recoñecer que o noso concepto do que é a investigación non sempre é axeitado. Concluíuse que a investigación, ainda que sexa pequena, ten que ser rigurosa e plantexada correctamente.
En canto á docencia, hai acordo xeral entre os residentes en que é demasiado teórica. Con todo, hai opinións diferentes sobre se se debería fomentar a docencia conxunta con outras especialidades de saúde mental o se é preciso ter máis espazos específicos de psicoloxía clínica, dependendo tamén moito de cómo sexa o ambiente laboral no servizo.
Tamén se atopan diferenzas nos espazos de supervisión de casos e de grupos balint/dart, xa que nalgunhas áreas organizase de manera estructuradas e noutras e máis informal. Algunhas áreas plantexan que a supervisión hai a veces que so limítase ao titor, e se propuxo a posibilidade de invitar persoas doutras áreas nestes momentos de encontro.
Ademais do papel do titor, destacouse a importancia dos residentes maiores na acollida dos novos residentes e tamén considerouse como poden axudarlle a gañar autonomía. Propúxose que o titor fora a persoa referencia para dar acollida o novo residente formando unha reunión previa a incorporación para dar toda a información relevante sobre o desenvolvementos dos primeiros momentos do traballo.
Sobre o papel da psicoloxía clínica no ámbito hospitalario, todos coincidimos en que os maiores obstáculos estaban na unidade de hospitalización psiquiátrica de agudos, onde o papel da psiquiatría é aínda o principal. Por outra banda, pensamos que a psicoloxía clínica podería ter un papel máis importante nas interconsultas, incluso traballando durante as atencions continuadas nun papel máis de enlace co resto do hospital.
En xeral, vemos que nos últimos anos temos un aumento dos dispositivos específicos de rotación, o que supón unha mellora na calidade da formación. Na actualidade a rotación de adiccións supón un problema importante a ter en conta, xa que algúns dispositivos rexeitan ter rotantes PIR entre eles como maneira de manifestarse ante o maltrato que sofren desde as institucións.
Para rematar, falamos do que supón o aumento de prazas. Por unha banda, é unha boa noticia para o futuro de la psicoloxía clínica; pero por outra, é necesario atopar despachos para que os residentes poidan desenvolver o seu traballo.
A xornada rematou coa intervención da psicóloga clínica Rosa Cerqueiro e da vicepresidenta de AGAPIR Leire Meabe. Destacouse a visión xeral do desexo de aprender uns dos outros, xa que todas as prazas teñen os seus puntos fortes e débiles. O máis importante debería ser garantir unha boa formación a todos os residentes e poder contar no futuro con bos especialistas en psicoloxía clínica, independentemente do lugar onde se formen.